
13 Decembro 2017
Estamos moi contentos de poder contarvos que acabamos de recibir dous premios EXCELEITE por parte da Consellería de Medio Rural.
Fumos premiados en dúas categorías diferentes: Premio Exceleite de Ouro Gandaría Extensiva Mediana e Premio Exceleite de Ouro Gandaría Ecolóxica.
Estes premios EXCELEITE son uns novos galardóns que naceron este ano para recoñecer a excelencia da calidade hixiénico – sanitaria das granxas leiteiras galegas. Estes premios Exceleite pretenden recoñecer precisamente o traballo dos gandeiros máis comprometidos co proceso produtivo e, polo tanto, coa calidade do leite que producen.
Parabéns para as nosas vaquiñas!
Gran parte do mérito é delas, as raíñas da nosa granxa, que dan un leite da mellor calidade!