O Noso Leite

O noso Obxectivo

 

Sempre foi o noso obxectivo acadar un leite de gran calidade e san. Ademáis queremos facelo da forma máis respectuosa posible co medio ambiente e ofrecendo a maior calidade de vida para as nosas vacas.

.

Leite de Vacas Felices

 

Dende a nosa conversión a ecolóxico, notamos que a nosa produción de leite e moito menor que en réxime convencional, pero podemos asegurarche que é de grandísima calidade!!

O noso leite é obtido de vacas que viven relaxadas e sen estrés, que pasan a maior parte do seu tempo nos prados e que teñen unha alimentación 100% ecolóxica.

E, ademais de ser de grande calidade polas súas propiedades –o leite ecolóxico presenta maiores niveles de ácidos grasos Omega3– tamén o é precisamente por todo aquelo que NON leva! Desde o prado á mesa, non atoparás resto ningún de: pesticidas, herbicidas ou fertilizantes químicos.

Un Prezo Xusto Para O Leite

 

A nosa é unha granxa familiar e é, coas nosas vacas, os nosos prados e o noso leite, o noso maior orgullo.

Traballamos con moita ilusión e dedicación e gustaríanos que Casa Codesal fose unha granxa na que as nosas futuras xeracións poidesen vivir e traballar.

Por esta razón o noso leite debe ter un prezo xusto e digno que nos permita vivir dignamente e afrontar o futuro con positividade.

Fornecedores de Leite Para Casa Grande de Xanceda

 

Dende 2017 o noso leite é transformado en ricos produtos lácteos ecolóxicos de Casa Grande de Xanceda.

Casa Grande de Xanceda é unha granxa familiar e ecolóxica que ademais conta cunha fábrica onde transforman o leite ecolóxico en alimentos lácteos ecolóxicos de alta calidade.

Alégranos ser unha granxa que fornece leite a Casa Grande de Xanceda, porque os nosos compromisos co medio ambiente e co benestar animal son moi similares. Ademais é unha marca galega e estamos encantados de formar parte dun proxecto 100% galego.

.

Produtos Elaborados Co Noso Leite

 

Casa Grande de Xanceda son especialistas iogurteiros e elaboran uns dos iogures máis ricos do mercado cunha receita na que só se utiliza leite e fermentos, NADA MÁIS! Nada de leite en pó, nin natas engadidas, nin cousas raras!

Tamén elaboran outros alimentos lácteos como o Queixo Peregrino, Bbbio, Queixo Cremoso…. Produtos con 0% arghs moi sans e ricos.

Podes consultar o seu amplo catálogo de produtos neste enlace.