A Nosa Granxa
Onde Estamos?
Na fermosa paraxe de Vilapedre (Devesa, Friol) está a nosa granxa que conta con máis de 55 hectáreas de superficie ecolóxica.
As instalacións da nosa granxa modificáronse en 1985. Seguimos traballando nesas primeiras instalacións, se ben fixemos importantes melloras.
A Sala de Muxido
As nosas vacas pasan pola sala de muxido dúas veces ó día. A nosa sala de muxido non é máis moderna do mundo, pero si que nos permite traballar dunha forma cómoda, limpa e con seguridade para as vacas.
Reformada no ano 2002 esta sala ten unha estrutura de espiña de pescado e conta con 8 puntos de muxido cos seus correspondentes medidores volumétricos.
.
Establos libres
As nosas vacas non están presas. Estes establos libres cos que contamos, teñen cubículos para que as vacas poidan durmir nas noites de inverno. Estes establos tamén son aproveitados nos momentos de visita á sala de muxido para dar boa conta do que teñen no pesebre (en función do período do ano: herba, millo e cereais ecolóxicos que complementan a dieta das vacas).
Almacén de Comida
Todos os anos colleitamos o noso propio millo e herba ecolóxicos, estas forraxes apórtanlles ás vacas un gran valor nutritivo.
.
Comedeiros nos Prados
Como as nosas vacas pasan a maior parte do tempo nos prados, creamos e implementamos algunhas comodidades para elas.
Construímos nós mesmos un comedeiro de herba seca, que resultou ser una boa solución para os días de verán no que os pastos xa non son tan bos e nutritivos como na primavera ou no inverno.
.
Bebedeiros para as Vacas
Unha vaca bebe moita auga! Así que, quixemos asegurarnos de que sempre teñan auga para beber e que esta sempre estea correndo limpa e fresca… Por esta razón instalamos bebedeiros circulares, deste xeito poden beber moitas vacas ó mesmo tempo e, ademais, asegurámonos de que nunca lles falta auga!
.