
Temos o orgullo de anunciarvos que o leite das nosas vacas será a partires de agora empregando para elaboar ricos e sans productos lácteos ecolóxicos de Casa Grande de Xanceda.
Casa Grande de Xanceda, granxa ecolóxica.
Casa Grande de Xanceda é unha granxa ecolóxica que conta con unha fábrica na que transorma o leite das súas 380 vacas en iogures, leite pasteurizado…
Os seus productos son ecolóxicos e de alta calidade, e son moi ben recibidos polos consumidores. Así, gracias a fidelidade dos seus consumidores, ano tras ano, Casa Grande de Xanceda transormaba máis e máis leite da súas propias vacas.
Neste ano 2017, viuse xa transformando o 100% da súa producción polo que decidiu contar con nós para ser os seus proveedores de leite de confianza.
Un trato xusto
É unha moi boa nova, que proxectos como Casa Grande de Xanceda, ante a necesidade de mercar leite para abastecer a demanda, opten por unha granxa de confianza e galega, antes que mercarlle o leite á industria.
Nas negociacións con Casa Grande de Xanceda, unha granxa coa que gardamos moita afinidade, firmamos un pacto de benestar animal e un acordo de prezo xusto para a venta do leite.
Os productos elaborados co noso leite
Casa Grande de Xanceda son especialistas iogurteiros e elaboran uns dos iogures máis ricos do mercado con unha receita na que só se utiliza leite e fermentos, NADA MÁIS! Nada de leite en pó, nin natas engadidas, nin cousas raras!
Tamén elaboran outros alimentos lácteos como o Queixo Peregrino, Bbbio, Queixo Cremoso…. Productos con 0% arghs moi sans e ricos.
Podes consultar o seu amplio catálogo de productos neste enlace.